atenuación
(
-
s
f
Acción e efecto de atenuar.
-
[ALIM]
-
s
f
En cervexería, grao de fermentación do mosto expresado en tantos por cento de diminución de densidade: durante a fermentación, a solución azucrada (máis densa ca a auga) é substituída polo alcohol (menos denso ca a auga) e polo anhídrido carbónico gasoso, que se desprende.
-
atenuación aparente
Atenuación obtida sen realizar ningunha corrección, a causa do volume de alcohol na cervexa.
-
atenuación límite
Atenuación que se obtén cando fermentaron todos os azucres do mosto susceptibles de fermentar.
-
atenuación real
Atenuación obtida evaporando o alcohol e substituíndo o seu volume por auga.
-
s
f
-
s
f
[COMUN]
Diminución progresiva da magnitude dun sinal nunha transmisión radiofónica. A atenuación está en función da distancia do receptor co emisor e pode ser expresada por unha relación por cociente ou ben en decibelios (dB).
-
s
f
[FÍS]
alor inverso da ganancia dun transdutor cando esta ganancia é inferior á unidade.
-
s
f
[LIT]
Figura retórica que consiste en non facer explícito todo aquilo que se quere dar a entender, ou ben negar o contrario do que se quere afirmar. Acostúmase a conseguir o efecto por medio dun eufemismo, lítote, perífrase, utilización transvasada dos tempos subxuntivo ou potencial, etc.
-
s
f
[MED]
En homeopatía, dilución.
-
s
f
[MICROB]
Perda inducida de virulencia dun microorganismo patoxénico, provocada polo cultivo repetido en medios, baixo condicións determinadas. No coñecemento deste feito baséase a produción de moitas vacinas.