Athletic Club de Bilbao

Athletic Club de Bilbao

Club de fútbol vasco fundado en 1898. Ao crearse o Campionato Nacional de Liga en 1928, foi un dos 10 equipos invitados pola Federación Española de Fútbol a participar na primeira división; dende entón militou sempre na máxima categoría. Acadou 23 títulos de campión de España (Copa) e 8 de campión de Liga. O seu uniforme componse de camiseta a raias brancas e vermellas con pantalón negro. Dende 1913 disputa os seus partidos como local no Estadio de San Mamés. Ao longo da súa historia vénse caracterizando por empregar unicamente xogadores naturais de Euskal Herria ou, cando menos, de orixe vasca, para o cal se esforza en manter unha escola de fútbol (Lezama) e potenciar os seus equipos inferiores. Froito deste traballo son as ducias de xogadores que, formados na súa disciplina, militaron nos equipos máis punteiros do estado ou na selección española (Telmo Zarra, Iríbar, Andoni Goicoetxea, Andoni Zubizarreta, Julio Salinas, Julen Guerrero, etc).

Palabras veciñas

Athene | Atherina | Atherton Plateau | Athletic Club de Bilbao | Athos, monte | atibaia | Ática