Atios, cista de

Atios, cista de

Enterramento megalítico atopado en Atios (Porriño). A cista ten planta rectangular, e está formada por catro laxes dispostas verticalmente que lle dan forma de cofre. O enxoval descuberto componse de varias pezas de ouro e dun puñal de cobre de espigo. É o primeiro enterramento individual coñecido e estudado dentro do territorio galego pertencente ao Bronce inicial.

Palabras veciñas

atiorodácea | Atios | Atios | Atios, cista de | atípico -ca | atiplado -da | atiplar