atjeh

atjeh

(< topónimo Atjeth)

  1. s [ETN/HIST]

    Individuo pertencente ao pobo que constitúe a gran maioría da poboación do antigo sultanato de Atjeh, no extremo noroccidental de Sumatra. Os atjehs son de orixe indonesia, agricultores e expertos navegantes e guerreiros de relixión musulmana. A súa lingua pertence ao grupo indonesio.

  2. adx

    Relativo ou pertencente aos atjehs.