Atlántida, L’

Atlántida, L’

Poema épico en dez cantos, cunha introdución e cun epílogo, de Jacint Verdaguer. Colón, aínda novo, náufrago dunha nave xenovesa, é acollido por un ermitán que lle narra o afundimento das terras que un día cubriran o mar Atlántico. Verdaguer combinou as experiencias persoais coa lectura de vellas crónicas peninsulares e de grandes epopeas clásicas. Refundiu elementos mitolóxicos e cristiáns, e desenvolveu, ligándoos, tres temas principais: o afundimento da Atlántida, o nacemento de España e o descubrimento de América.

Palabras veciñas

Atlántida | Atlántida | Atlántida, La | Atlántida, L’ | Atlantique | Atlantis | atlantismo