atlético -ca

atlético -ca

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao atleta, aos seus exercicios ou deportes.

    Ex: Para acceder ao corpo de bombeiros houbo de pasar varias probas atléticas.

  2. adx

    Dise do que ten unha complexión áxil, forte e xeralmente musculosa.

    Ex: Ese home tiña un corpo atlético.

  3. tipo atlético [ANTROP/FISIO]

    Biotipo, segundo a biotipoloxía de Ernest Kretschmer, dos individuos caracterizados polo forte desenvolvemento do esqueleto e da musculatura. Son de estatura media ou elevada, de costas amplas, cranio elevado, cara tirando a cadrada, mans grosas e pescozo longo e groso. A correspondencia cun tipo psicolóxico non é tan clara como os biotipos leptosomático e pícnico.

  4. s [HIST]

    Persoa que participaba nas competicións ximnásticas de Grecia e Roma.

Palabras veciñas

atlatl* | atleta | Atlética, Clube Voleibol | atlético -ca | Atlético de Madrid | atletismo | atlitense