atrofia

atrofia

(< lat atrŏphĭa < gr ἀτροϕία‘sen alimento’)

  1. s f [BIOL]

    Involución filoxenética dun órgano ou tecido, como a sufrida, por exemplo, polas extremidades dos cetáceos respecto á dos mamíferos tetrápodos que filoxeneticamente os precederon.

  2. s f [FISIOL/PAT] Antónimos: hipertrofia.
    1. Involución dun órgano e tecido, ou da súa función, por razóns fisiolóxicas normais ou por razóns patolóxicas. As atrofias patolóxicas no home adoitan afectar o sistema nervioso (atrofia cerebelosa, atrofia branca dos nervios, etc), os ósos (atrofia intersticial, atrofia ósea aguda, etc), os músculos (atrofia muscular), as vísceras (atrofia aguda do fígado ou ictericia grave) e a pel.

      Ex: Entre os seus moitos achaques, padece de atrofia muscular e ósea.

      Antónimos: hipertrofia.
    2. Aborto dun órgano ou dun tecido.

  3. s f

    Debilitamento ou atordamento dalgunha facultade ou capacidade.

    Ex: Moitos escritores sofren atrofia imaxinativa.

Palabras veciñas

atrito -ta | atrochar | atrocidade | atrofia | atrofiado -da | atrofiar | atrófico -ca