atropina
(< lat científico Atropa belladona‘beladona’< gr Ἄτροπος,parca que cortaba o fío da vida do home)
Alcaloide tóxico que se atopa na beladona, no estramonio e noutras solanáceas. A atropina pode actuar sobre o sistema nervioso central ou sobre o periférico, segundo que sexa administrada en doses altas ou baixas, respectivamente. A acción sobre o sistema nervioso periférico leva a unha paralización parasimpática das estruturas inervadas polas fibras colinérxicas posganglionares, de xeito que permanecen paralizados os músculos de fibra lisa (por iso se utiliza a atropina contra os seus espasmos) e queda minguada a secreción de diversas glándulas. En Oftalmoloxía emprégase a atropina pola sua acción midriática, dilatadora da pupila, para a exploración do fondo do ollo.