attapulxita

attapulxita
s f [MINERAL]

Ortosilicato de magnesio hidratado, de fórmula Mg3(Si8O20)(OH)2(OH)4·4H2O. Mineral arxiloso de estrutura fibrosa. É produto da sedimentación química en augas básicas e tamén da alteración de cinsas volcánicas en magnesio. Pola súa capacidade absorbente emprégase como antidiarreico.