aturuxo
Berro gutural transcribible silabicamente como ÍÍÍ-HU-HU-HU, que se ten vinculado con manifestacións expansivas ou de arruallo, cun certo carácter telúrico, xa sexa guerreiro, comunicacional ou festivo, que perviviu nas voltas das romarías, as fins da seitura, da malla, da esfolla, as saídas dos muíños e as ruadas. Dende o punto de vista do folclore musical, destaca a súa utilización, incitante á participación, en formas musicais de pulso vivo. Emitido indistintamente por homes e mulleres, a primeira sílaba, a máis aguda, adoita ser longa ad libitum, procedendo as outras tres por intervalos descendentes, máis rápidos, con tendencia a incorporarse coherentemente nunha frase cadencial. Só permanece como elemento de acompañamento nas pezas interpretadas polos grupos folclóricos.
Ex: Xa se escoitan os aturuxos dos mozos dende lonxe.
Sinónimos
Citas
- Xa se escoitan os aturuxos dos mozos dende lonxe.