audiovisual
(
-
adx
Relativo ou pertencente á audición e tamén á visión.
-
adx
[TECNOL]
Aplícase á técnica ou á obra informativa, didáctica, documental, etc, que utiliza elementos visuais (imaxes fixas ou móbiles, en soportes como diapositivas, películas ou a cintas magnéticas) e elementos auditivos (palabra, música e efectos de son en soportes como discos ou a cintas magnetofónicas). Inclúe desde o simple audiovisual de soporte ata as obras que incorporan audiovisual como forma de expresión autónoma, específica e independente. Aplícase aos medios de masas (mass media), aos de grupo (group media) ou aos de autoaprendizaxe (self media).
-
s
m
[COMUN]
-
Reportaxe ou informe que emprega por separado ou de forma combinada imaxes en diapositiva, música e locución.
-
Medio de comunicación que elabora os contidos da súa programación combinando elementos sonoros e visuais: televisión, cine, Internet e radio, aínda que este último só utiliza o son.
-
-
s
m
[INFORM/ARQUIV]
Documento composto de imaxes e sons combinados, e ao que opcionalmente se lle poden engadir textos.