Aunis
Antiga provincia de Francia repartida entre o departamento da Charente-Maritime, do que conforma a parte NL, e o departamento de Deux-Sèvres. Comprende as illas de Ré e Oléron. Antiga pagus Alienensis, despois de formar parte da Aquitania romana (Aquitania Secunda durante o Baixo Imperio). No s V caeu no poder dos visigodos e, no ano 507, dos franceses. En 1152 foi adquirida polos Plantagenet. Conquistada por Luís VIII de Francia en 1224, permaneceu en poder francés ata a sinatura do Tratado de Brétigny (1360), data na que pasou a Inglaterra. En 1371 quedou definitivamente adscrita a Francia. Desde o reinado de Francisco I, Aunis converteuse en centro de guerras de relixión e a súa capital, La Rochelle, foi o bastión máis importante do protestantismo francés ata ser ocupada polo cardeal Richelieu no ano 1628. Constituíu unha gobernación ata a Revolución Francesa.