austríaco -ca
(
-
adx
Relativo ou pertencente a Austria ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante de Austria.
-
arte austríaca
[ARTE]
Arte desenvolvida nos territorios xermánicos que constituíron o núcleo tradicional do patrimonio da casa de Austria e, posteriormente, a República de Austria. A influencia das ordes mendicantes favoreceu en Austria a oposición á catedral gótica de tipo francés, esta foi substituída por un tipo de igrexa funcional que chegou a ser o novo ideal da arquitectura relixiosa alemana. No s XV déuselle grande importancia aos altares e aos baldaquinos; o tirolés Michael Pacher foi o gran precursor de Durero na tarefa de sintetizar a arte alemá e italiana. Nos ss XVI e XVII, a preeminencia de Bohemia motivou un período de estancamento para a arte austríaca. O sobrio Barroco tardío foi unha síntese do Clasicismo francés e do Barroco italiano, iniciado por Johann Bernhard Fischer von Erlach. A arte austríaca non tivo un Gótico florido, nin un Manierismo, nin tampouco un Rococó nin un Romanticismo exaltado; a mesura tradicional formou tamén a obra setecentista do escultor Georg Raphael Donner; na pintura sobresaíu Franz Anton Maulperstasch (1724-1796). O Racionalismo xosefista (1780-1790) fomentou a construción de edificios funcionais, actitude que provocou a implantación dunha arte burguesa, representada polo estilo Biedermeier. A arquitectura seguiu a norma do estilo historicista do Ring de Viena; sen embargo, esta foi tamén a época dos mobles de madeira curvada de Michael Thonet e do Expresionismo do pintor Anton Romeko. A gran revolución da arte austríaca chegou cara ao 1890, cando o arquitecto Otto Wagner abandonou o Historicismo por un estilo ornamental, pero funcional, que influíu no Modernismo de Hoffmann e Olbrich; a máxima simplicidade funcional estivo a cargo de Adolf Loos. Todos estes artistas uníronse ao movemento renovador da Sezession vienesa (1897), fundada polo pintor Gustav Klimt. O Modernismo austríaco centrouse en problemas de estrutura. Xa no s XX, mentres a pintura (O. Kokoschka, E. Schiele, R. Brauer, etc) enlaza co Expresionismo de Romeko, a escultura (F. Wotruba, R. Hoflehner, etc) reduce o corpo humano a figuras xeométricas. Na arquitectura, Richard Neutra predicou nos EE UU unha utópica integración do hábitat coa natureza.
-
Pl
cine austríaco
[ESPECT]
Cine producido en Austria. Coa chegada do cine falado, da tradición musical e do espectáculo en Viena foi a base fundamental para unha ampla produción de comedias “vienesas” e operetas filmadas. W. Forst creou un “estilo vienés” do filme musical. A Segunda Guerra Mundial destruíu esta industria, que non se refixo ata os anos 1948-1950. Pabst con Der Prozess (1948) e Cavalcanti coa realización de Herr Puntila und sein Knecht Matti (1956) de Brecht, foron os dous indicadores do rexurdimento cinematográfico que, malia os seus esforzos, non foi secundada. A produción decaeu ata os tres filmes anuais no 1971, a causa, en parte, da forte dependencia con respecto á cinematografía alemana. Aínda así, a tendencia dos filmes de autor, de arte e ensaio, malia que minoritaria, tivo como resultado unha produción de calidade, con poucos títulos ao ano, que a principios da década dos oitenta conseguiu galardóns importantes en festivais e encontros cinematográficos internacionais. Entre os novos realizadores e produtores cómpre remarcar, entre outros, os nomes de A. Lepiniotis, J. A. Eggers, M. Madavi, Kurt e Inda Keil,
-
escola austríaca
[ECON]
Escola de pensamento económico centrada na cidade de Viena, unha das tres variantes do Marxinalismo (1870-1930). O seu fundador, Karl Menger, iniciou, con Jevons e Walras, a revolución marxinalista. Os seus principais discípulos foron Eugen von Böhm-Bawerk e Friedrich von Wieser. Nos seminarios de Viena formáronse os pais da nova escola austríaca, entre outros: Ludwig von Mises, Friedrich August von Hayek, Weis e Somary. Os economistas da escola austríaca caracterízanse por empregar un método antihistoricista e antifuncionalista, influído polo positivismo do círculo de Viena e polo aristotelismo do Schottengymnasium. Consideraban que o obxecto da economía non era o de investigar as magnitudes, senón a esencia do valor, da renda, do beneficio, etc; que non se trataba de descubrir leis empíricas, senón leis “exactas” que describisen as configuracións inmutables da vida económica e que, a partir da natureza física e humana, se puidese determinar o mundo económico. A causalidade e a tecnoloxía da acción económica buscan o mesmo fin: a satisfacción dos desexos do consumidor. A cadea das accións económicas iníciase coa decisión racional do consumidor. Dado que as empresas non teñen experiencia directa da satisfacción dos consumidores, trátase de demostrar que o mecanismo de prezos do mercado libre permitirá atopar as funcións de utilidade dos produtores, partindo das funcións de utilidade dos consumidores (teoría da imputación).
-
fases austríacas
[XEOG]
Fases tectónicas do ciclo paleoalpino que se atoparon cara ao límite Aptiano-Albiano, a primeira, e cara ao límite Albiano-Cenomaniano, a segunda.