austrohúngaro -ra

austrohúngaro -ra

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao conxunto de Austria-Hungría.

  2. adx

    Relativo ou pertencente á monarquía austrohúngara ou aos seus súbditos.

  3. Monarquía austrohúngara [HIST]

    Unión real -con características federais- chamada tamén Austria-Hungría ou monarquía dual, establecida polo Ausgleich do 1867, entre o Imperio de Austria -reducido á Cisleithania- e o Reino de Hungría (ou Transleithania). A unión resultou disolta no 1918, ao remate da Primeira Guerra Mundial.