autócrata

autócrata

(< gr αὐτοκρατής)

  1. s

    Persoa que posúe un poder absoluto, non limitado.

    Ex: O autócrata tiña o poder de perdoar ou castigar os seus súbditos.

  2. s

    Persoa que defende o sistema político da autocracia.

    Ex: Os autócratas aclamaron o monarca francés.

  3. s

    Persoa que impón tiranicamente a súa vontade.

    Ex: Dende que o ascenderon converteuse nun autócrata.