autoexcitación

autoexcitación

(

  1. s f

    Acción e efecto de provocarse a un mesmo algún sentimento, paixón ou movemento.

  2. s f [TECNOL]

    Nun xerador eléctrico, produción da corrente precisa para a propia excitación. Cómpre que os núcleos dos indutores teñan algún magnetismo remanente que inicie a corrente de excitación cando a máquina comeza a xirar. Emprégase nos xeradores de corrente continua (dinamos), mentres que nos alternadores se adoita dispoñer dunha máquina excitatriz acoplada axialmente a este, pero tamén se pode aproveitar a corrente alterna para a excitación mediante rectificadores.

Palabras veciñas

autoesterilidade | autoestima | autoestrada | autoexcitación | autoexcitador -ra | Autoexec | autoexplosivo