autoguiado -da
autoguiado -da
(
-
adx
Dise do enxeño ou aparello dotado dun sistema de autoguía.
Ex: O mísil autoguiado deu no branco exacto sen modificación algunha da súa traxectoria.
-
s
m
[BÉL]
Sistema de guiado de determinados mísiles ou proxectís. No autoguiado activo o mísil incorpora un emisor de enerxía, normalmente un radar, que o vai orientando cara ao obxectivo. No autoguiado pasivo o mísil oriéntase pola enerxía que emite o branco.
-
s
m
[ENX]
Sistema de guiado incorporado a determinados enxeños, aparellos ou dispositivos dotados de movemento, que os leva cara ao obxectivo previamente fixado, sen intervencións alleas. O autoguiado nos avións e navíos realízase mediante sistemas de navegación autónomos.