autoindución
autoindución
(
s
f
[FÍS]
Indución electromagnética producida nun circuíto polas variacións da corrente que circula por el. A autoindución vén dada polo coeficiente de autoindución, chamado tamén indutancia. En corrente continua, a autoindución provoca no peche e na ruptura do circuíto a chamada extracorrente. Na corrente alterna, a corrente que circula é inferior á orixinada pola resistencia óhmica.