autorrotación

autorrotación

(

  1. s f [AERON]

    Rotación dunha á que se produce cando o ángulo de perda é inferior ao ángulo de ataque efectivo (formado pola corda dun perfil de á e a proxección da velocidade absoluta desta sobre o plano do perfil).

  2. s f [FÍS]

    Rotación continuada, ao redor do seu eixe, dun rotor sometido unicamente a forzas aerodinámicas. A disposición axeitada das pas do rotor permite conseguir que a forza resultante que actúa sobre cada unha delas teña a mesma dirección do eixe de rotación.