autosómico -ca
autosómico -ca
(< autosoma)
-
adx
[XEN]
Relativo ou pertencente ao autosoma.
-
adx
[XEN]
Dise do xen, alelo ou carácter localizado nun autosoma.
-
enfermidade de transmisión autosómica
[XEN]
Enfermidade na que a súa transmisión está determinada por un xen ou alelo localizado nun dos autosomas. Pode ser autosómica recesiva, cando o xen ou alelo implicado precisa unha dobre presenza para poder expresarse, ou autosómica dominante, cando o xen ou alelo implicado necesita unha soa copia para a súa expresión.