autotomía

autotomía

(< auto- + gr τομή‘corte’ + -ia)

s f [ZOOL]

Fenómeno de autoamputación dunha parte do corpo, xeralmente un apéndice, presentado por algúns animais a xeito de mecanismo de defensa. A parte do corpo que se desprende por autotomía adoita rexenerarse; nalgunhas especies, a autotomía dun órgano só se pode producir unha vez, pois a rexeneración impide a repetición do fenómeno. É frecuente nalgúns artrópodos (arácnidos, insectos, crustáceos) a autotomía dos apéndices; nalgúns equinodermos, a dos brazos (ofiuras) ou a da totalidade ou parte das vísceras (holoturias); nalgúns réptiles (lacértidos, ánguidos), a da cola, etc.