autotrofia

autotrofia

(

s f [BIOL]

Tipo de nutrición dos organismos que, para fornecer as súas necesidades metabólicas, só incorporan do medio produtos inorgánicos ( litotrofia). A fotolitotrofia, a autotrofia clásica, é a que presentan as plantas verdes, que empregan a auga como fonte de electróns, anhídrido carbónico e sales minerais (nitratos, etc) como materia orgánica reducible, e luz como fonte de enerxía radiante ( fotosíntese). A quimiolitotrofia é a autotrofia propia dalgúns grupos moi especializados de bacterias, que utilizan substratos oxidables inorgánicos como fonte de electróns, anhídrido carbónico e sales minerais como materia orgánica reducible, e reaccións de oxidorredución como fonte de enerxía ( quimiosíntese).