avenoiteira

avenoiteira

(

  1. s f [ANIMAL/ORNIT]

    Ave insectívora nocturna que pertence en Europa ao xénero Caprimulgus. Ten ollos grandes e ás e cola longas cunha silueta semellante á dun pequeno falcón. A plumaxe é críptica, cun deseño semellante ao de follas secas que lle serve para camuflarse durante o día no chan ou nunha póla baixa onde permanece inmóbil. Aniña directamente sobre o chan e captura os insectos en voo. As especies que crían en Europa viven en África dende agosto a abril.

  2. avenoiteira americana [ANIMAL/ORNIT]

    Ave de 24 cm de lonxitude, de cola gallada e patentes franxas brancas nas ás, que son, á súa vez, moi longas. O seu voo é máis directo e veloz ca o das especies europeas. Preséntase como divagante dende Norteamerica ao oeste de Europa.

  3. avenoiteira cinsenta [ANIMAL/ORNIT]

    Ave de ata 27 cm, de plumaxe grisalla con riscos e pintas de cor castaña escura. O macho presenta na parte inferior unhas patentes franxas brancas no extremo das ás e da cola. Emite unha voz parecida a un díxome-díxome de intensidade intermitente. De distribución paleártica, dentro da Península Ibérica é máis abundante na metade norte. En Galicia é común en baldíos, beiras de bosque e no monte baixo.

  4. avenoiteira exipcia [ANIMAL/ORNIT]

    Ave de 25 cm de lonxitude, cunha plumaxe de cor area. Vive nos oasis e aparece como divagante nas costas mediterráneas de Europa.

  5. avenoiteira papuda [ANIMAL/ORNIT]

    Ave de 30 cm de lonxitude de plumaxe ferruxenta, especialmente o colar, e cunha patente franxa branca na gorxa. A voz semella un petar repetido nun toro seco. Cría en claros do arboredo mediterráneo, no centro e sur da Península Ibérica, e no noroeste de África.

Palabras veciñas

aveníceo | avenida | aveño | avenoiteira | aventa | aventamento | 1 aventar