aventura
(
-
s
f
Feito extraordinario que lle acontece inesperadamente a alguén.
Ex: Onte fomos de excursión e pasamos un día cheo de aventuras.
Confrontacións: andanza. -
s
f
Actividade de dubidoso ou arriscado éxito.
Ex: Embarcouse nunha aventura perigosa cando se aliou con aquela cuadrilla da mafia.
Confrontacións: andanza. -
s
f
Relación amorosa de curta duración que normalmente non implica compromiso ningún.
Ex: Tivo unha aventura cun home maduro o inverno pasado.
-
dereito de aventuras
[HIST]
Prerrogativa dos reis e señores xurisdicionais para presidir, dentro dos seus territorios, os torneos e outros feitos de armas e percibir deles unha exacción monetaria.
-
novela de aventuras
[LIT]
Tipo de relato no que a acción predomina sobre a reflexión e na que suceden acontecementos inesperados e mesmo extraordinarios. O heroe destas novelas debe superar unha serie de obstáculos e situacións arriscadas para conseguir o seu obxectivo e retardar o final feliz. A miúdo a trama desenvólvese ao redor dunha viaxe. Existen diferentes modelos de relato neste subxénero. José Mª Bardavío (1977) propón unha tipoloxía baseada no ámbito de acción: mariñas, lugares imaxinarios ou exóticos, selvas, con historias e aventuras en xeral, ambientadas no oeste e no mundo científico (a inclusión destes dous últimos modelos é discutida por algúns críticos).
Frases feitas
-
Á aventura loc adv Realizar algo sen pensalo ou sen proxectalo primeiro.