Avenula
Avenula
[PLANTA]
Xénero de herbas perennes da familia das poáceas con inflorescencia en panículas compostas e lígulas obtusas. En Galicia pódense atopar dúas especies propias de prados secos: A. marginata, distribuída por todo o país, e A. pratensis, limitada á metade oriental.