avespa
-
s
f
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto himenóptero da familia dos véspidos. Caracterízase por presentar unha amosega típica nos ollos compostos e por pregar lonxitudinalmente as ás ao pousar. As larvas son carnívoras e son alimentadas polos adultos con outros insectos ou con anacos de prea. Algunhas especies forman sociedades, pero a maioría son de vida solitaria.
Sinónimos: avéspora, vespa. -
s
f
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto himenóptero que de adulto presenta dous pares de ás e no que o primeiro segmento abdominal, fusionado co tórax, artículase co segundo segmento abdominal, orixinando unha especie de cintura estreita. Presenta un sistema mandibular ben desenvolto e unha glosa pequena. O corpo é pouco peloso e de cor principalmente negra, vermella ou amarela.
-
avespa albanel
[ANIMAL/ENTOM]
Avespa do xénero Odynerus, da familia dos véspidos, que escava cámaras independentes na area ou en paredes de adobe, onde introduce eirugas paralizadas que servirán de alimento ás propias larvas.
-
avespa común
[ANIMAL/ENTOM]
Avespa do xénero Polistes da familia dos véspidos, de ata 15 mm de lonxitude. Entre varias femias fecundadas fundan un único niño con forma de pequena copa pendurante, protexida da intemperie. Ao ter rematado o niño, e logo de efectuarse a posta por parte de todas elas, unha come os ovos das outras e convértese na única que se reproduce, mentres que o resto se comportan como obreiras. Se a femia reprodutora morre, substitúese por outra das femias. As colonias son anuais e só as femias fecundadas sobreviven ao inverno. Son depredadoras de arañas e insectos.
-
avespa cuco
[ANIMAL/ENTOM]
Avespa da familia dos véspidos caracterizada polas femias que poñen os ovos nas colonias doutras especies de avespa, onde son coidados polas obreiras. A especie máis común é Vespula austriaca.
-
avespa da madeira
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto himenóptero da familia dos sirícidos. As femias perforan co ovopositor a madeira para depositaren os ovos, dos que nacen larvas de patas vestixiais que se alimentan da madeira.
-
avespa donicela
[ANIMAL/ENTOM]
Avespa da familia dos esfécidos, de ata 28 mm de lonxitude e de cor, polo xeral, negra e vermella. Escava tobos onde introduce, xunto co ovo, eirugas paralizadas coa picadura do aguillón.
-
avespa dos bugallos
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto himenóptero da familia dos cinípidos, que pon os ovos en poliñas novas ou abrochos, provocando a formación de tumores vexetais (bugallos) onde se desenvolve a larva.
-
avespa faveira
[ANIMAL/ENTOM]
Avespa do xénero Vespula da familia dos véspidos, de ata 20 mm de lonxitude, no caso das obreiras, e cun deseño amarelo e negro. Os machos e as raíñas son de maior tamaño ca as obreiras. Constrúen grandes niños de papel que elaboran coa celulosa das árbores mastigada; estes niños poden medir ata 30 cm de diámetro e conter máis de 3.000 avespas, e están situados en tobos agrandados de toupa ou de rato, en buracos de árbores ou pendurados de pólas. As colonias non viven máis dun ano e só sobreviven ao inverno as femias fecundadas; cada unha delas funda na primavera unha nova colonia e cría ela mesma as primeiras obreiras. As obreiras son depredadoras que se ocupan da alimentación das larvas e da raíña.
-
avespa irisada
[ANIMAL/ENTOM]
Avespa do xénero Chrysis da familia dos crisídidos, que pon os ovos nos niños doutras avespas das que se defende enrolándose para protexer o ventre mol e cun exoesqueleto moi duro.
-
avespa oleira
[ANIMAL/ENTOM]
Avespa do xénero Eumenes, da familia dos véspidos, caracterizada porque as femias constrúen un niño prendido nalgunha planta en forma de vaso de boca estreita, fabricado con pequenos grans de area unidos pola baba. A femia pon un ovo, introduce larvas de insecto paralizadas pola picadura do aguillón que servirán de alimento á larva que naza e, logo de selar o niño, abandónao.
-
avespa portaserra
[ANIMAL/ENTOM]
Nome que reciben os insectos himenópteros da suborde dos sínfitos.
-
avespa verdugo
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto himenóptero das superfamilias dos evanioideos, dos icneumonoideos ou dos calcidoideos. Xeralmente son parasitas doutros insectos, principalmente en fase de eiruga, nos que poñen os ovos; as larvas das avespas aliméntanse dos órganos non vitais ata que completan o seu desenvolvemento e matan o hospedeiro.
Frases feitas
-
Ser un niño de avespas. Ter moi mala lingua.