Avianca
Avianca
Compañía colombiana de aviación. Foi fundada no ano 1919 co nome de Sociedade Colombo-Alemana de Transportes Aéreos e, ao refundirse co Servicio Aéreo Colombiano (1931), tomou o nome de Avianca. É a segunda compañía de aviación máis antiga do mundo.