aviónica

aviónica

(< avión)

  1. s f [AERON]

    Electrónica aplicada á aviación. A aviónica ten como obxectivos principais facer máis segura e máis sinxela a navegación aérea simplificando a pilotaxe. O conxunto de instrumentos dunha aeronave debe permitir coñecer en todo momento a súa localización xeográfica (altitude, latitude e lonxitude), a información de previsións (datos meteorolóxicos, aeroportos de emerxencia), así como asegurar as comunicacións e manter o control dos parámetros de todos os mecanismos do avión. Da primitiva navegación por observación directa do horizonte pasouse aos complicados cadros de mando dos reactores, que tenden a ser substituídos actualmente por ordenadores de acceso por pantalla (como no Airbus A-320). Os xiroscopios son substituídos por xiroláseres ou por xirómetros de fibra óptica, moito máis precisos. Os sistemas de navegación por satélite (Navstar) permiten determinar por triangulación a posición exacta da aeronave.

  2. s f [AERON]

    Equipamento electrónico dunha aeronave.