avó -a

avó -a

(< lat avu)

  1. s

    Pai ou nai do pai ou da nai dalgunha persoa.

    Ex: Como quedou orfo criouno a súa avoa.

  2. s

    Persoa de idade moi avanzada.

  3. s m pl

    A parella formada polos pais da nai ou polos pais do pai de alguén.

    Ex: Os meus avós paternos morreron antes de que eu nacera.

  4. s m pl

    Familiares dos que procede outra persoa.

    Antónimos: descendente.

Frases feitas

  • Non ter/morreulle a avoa. Utilízase cando alguén se gaba de máis.

  • Vaillo contar á túa avoa. Emprégase cando alguén nos quere facer crer algunha cousa que non é posible crer.

Refráns

  • Criada por avoa nunca é boa.
  • Criado por avó, non hai neno bo.

Palabras veciñas

avivecido -da | aviventar | Avnet, Jon | avó -a | Avóbriga | avobriguense | avoceta