axanti
axanti
-
adx
Relativo ou pertencente aos axantis ou á súa lingua.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo dun pobo que ocupa as rexións centrais de Gana. Establecidos na Costa do Ouro dende o s XV, contra o final do s XVII un dirixente, Osei Tutu, conseguiu unir a todos os axantis baixo a súa dirección e adoptou o título de axantihene (1695-1725). Deste xeito formou o Reino dos axantis, que baseaba o seu poder na minería, na agricultura e no comercio de escravos. O territorio, convertido en colonia británica dende 1874, foi declarado protectorado en 1896 e incorporado en 1901 á colonia da Costa da Ouro; actualmente forma parte de Gana.
-
s
m
[LING]
Dialecto da lingua akan falado polos axantis.