axioma
axioma
(< gr ἀξίομα‘prezo’)
-
s
m
Proposición indiscutida, admitida por todos.
-
s
m
[FILOS/MAT]
Proposición que se admite sen demostración, como punto de partida dunha teoría ou ciencia. Dende Aristóteles, considerábanse os axiomas como os principios evidentes e irredutibles que constituían os fundamentos dunha ciencia. Baixo a influencia da matemática moderna, son os enunciados primitivos -ou postulados- aceptados como válidos sen estar probada a súa validez, deles derivan as outras proposicións que se organizan nun sistema.
-
s
m
[LING]
En gramática xenerativa, termo primitivo ou definición.
-
axioma de elección
Axioma de Zermelo. OBS: A grafía x representa o son [ks].