axitación
(< axitar)
-
s
f
Acción e efecto de axitar ou axitarse.
Ex: Cunha lixeira axitación xa podes botarlle o produto ós cristais.
Antónimos: quietude. -
s
f
Estado de desacougo anímico provocado pola emoción, a angustia, o medo ou calquera sentimento intenso.
Ex: A discusión co seu pai produciulle unha grande axitación.
Confrontacións: inquietude. -
s
f
Actitude da xente que se opón ou rexeita unha situación social coa que non está de acordo.
Ex: A axitación dos universitarios provocou a intervención das unidades antidisturbios.
-
s
f
[FÍS]
Movemento desordenado dos electróns libres nun tubo electrónico, por causa do quecemento dos electrodos.
-
s
f
[TECNOL]
Operación física, que se realiza nun axitador, consistente na produción de movementos irregulares e turbulentos nunha masa fluída, co fin de acelerar un proceso de mestura ou de transferencia. En todo proceso de axitación interveñen tres factores: forma da corrente do fluído orixinada polo movemento do axitador, cantidade de fluxo e grao de turbulencia. O tipo de fluxo depende principalmente da forma do axitador e do recipiente.
-
axitación psicomotriz
[PAT]
Movementos irreflexivos, continuados e desordenados, que van acompañados dunha ampla sintomatoloxía psíquica; responden a impulsos instintivos ou afectivos variables, segundo as circunstancias patolóxicas en que se atopa o individuo. Nas formas graves, os actos da persoa axitada poden ser dunha gran violencia e chegar incluso á agresividade.
-
axitación térmica
[FÍS]
Movemento desordenado que, en función da temperatura, presentan as moléculas de calquera substancia. Ao quecer un sólido aumenta a axitación térmica das súas moléculas ata vencer as forzas de cohesión que as manteñen unidas, pasando ao estado líquido; se a temperatura segue a aumentar, o movemento chega a ser tan intenso que as moléculas se independizan pasando ao estado gasoso.