axonometría
axonometría
(
s
f
[MAT]
Método de representación das figuras no espacio. Neste sistema tómase un triedro trirrectángulo como referencia e determina cada punto do espazo polas súas proxeccións ortogonais sobre os planos do triedro. Despois proxéctase sobre o plano do debuxo a figura formada polo triedro, o punto e as súas proxeccións. Se o plano do debuxo está igualmente inclinado respecto dos tres eixes, a proxección chámase isométrica. Neste sistema as proxeccións dos eixes forman entre eles ángulos iguais de 120°. Un caso particular de axonometría é a perspectiva cabaleira. OBS: A grafía x representa o son [Ks].