axóuxere

axóuxere
  1. s m [MÚS]

    Instrumento idiófono de percusión indirecta, que consiste nunha bóla oca de metal de tamaño variable, con perforacións (fírgoas, orificios circulares, etc) e cunha pequena asa para pendurar. No interior contén pedriñas, pebidas metálicas, sementes, etc, responsables do son que emite o instrumento ao axitalo. O termo, de procedencia árabe, coincide etimoloxicamente co castelán aljofre (conxunto de peroliñas), do que difire semanticamente. O axóuxere cólgase do pescozo dalgúns animais domésticos para localizalos polo son, pero tamén se utiliza como adorno nos cabalos ou nos carros das festas, nos traxes de pallasos, cigarróns e nos disfraces de entroido.

    Ex: Regaleille un axóuxere para o gato.

    Sinónimos: arouxo, cascabel.
  2. s m [XOGO]

    Xoguete, xeralmente de plástico, consistente nunha esfera oca, unida a un pequeno mango que contén no seu interior unha serie de boliñas soltas que producen son ao axitarse.

Refráns

  • Do ruxe ruxe fanse os axóuxeres.

Palabras veciñas

axoudar | axoulado -da | axoular | axóuxere | Axóuxere | Axquelón | axuaga