Ayacucho, Batalla de
Ayacucho, Batalla de
Acción militar librada ao pé do cumio de Condorcanquí, o 9 de decembro de 1824, entre as forzas do vicerrei do Perú José de la Serna -que foron completamente derrotadas-, e as tropas colombianas e peruanas, mandadas polo xeneral Antonio José de Sucre. Esta batalla significou, na práctica, a fin do dominio colonial na América continental.