ayllu*
ayllu*
s
m
[ETN/HIST/XEOG]
Unidade social e xeográfica característica da rexión andina (Perú e Bolivia). Os seus membros forman unha comunidade politicamente definida. Foi a forma política inferior do estado dos aimará e dos quechuas dende os tempos anteriores ao Imperio dos incas. O ayllu posuía en común as terras inmediatas á aldea que lle correspondía, e os seus membros tiñan tendencia ao etnocentrismo e practicaban a endogamia local. Actualmente constitúe unha unidade administrativa.