azeotrópico -ca

azeotrópico -ca

(

adx [QUÍM]

Aplícase á mestura de dous ou máis líquidos volátiles que a unha presión determinada ten un punto de ebulición constante e destila sen cambio de composición, é dicir, que o vapor ten a mesma composición ca o líquido. Cando a ebulición se verifica a unha presión diferente, cambia o punto de ebulición e tamén a composición. Unha mestura azeotrópica chámase de punto de ebulición máximo cando este é máis alto ca o dos seus compoñentes (azeotropia positiva) e de punto de ebulición mínimo cando é máis baixo (azeotropia negativa).