2 azo

2 azo
  1. s m [QUÍM]

    Nome dado ao cromóforo -N = N- enlazado xeralmente a dous radicais hidrocarbónicos.

  2. s m [QUÍM]

    Nome xenérico dos compostos intensamente coloreados que teñen o cromóforo azo, unido xeralmente a radicais arilo.

  3. s m [QUÍM]

    Nome xenérico dos colorantes que teñen o cromóforo azo. Obtéñense fundamentalmente por diazotación ou copulación e son abundantes e variados. Os máis usuais son os monoazo (sudan I, alaranxado de metilo, etc), os diazo (negro ácido ou naftol, etc) e os triazo (verde directo, etc).