azoico -ca

azoico -ca

(< a- + gr ζῶον‘animal’ + -ico)

  1. adx [ESTRATIG]

    Relativo ou pertencente ao Azoico.

  2. adx [PALEONT]

    Dise dunha rocha sedimentaria, dunha capa ou dunha serie, que non contén ningún fósil.

  3. adx [QUÍM]

    Relativo ou pertencente ao azo.

  4. adx [QUÍM]

    nítrico.

  5. colorante azoico [QUÍM]

    Colorante azo empregado para tinguir o algodón de cores brillantes e resistentes á luz solar.

Palabras veciñas

azofenol | Azofra | Azoico | azoico -ca | azol | azolitmina | Azolla