azor
azor
(< lat *acceptor -ōris
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de rapina de ata 63 cm de lonxitude e 120 cm de envergadura na femia, que é bastante máis grande ca o macho. O azor é de cores escuras no dorso e esbrancuxadas no ventre, cunhas pequenas franxas transversais marróns, e presenta unha lista branca por riba do ollo. Aliméntase principalmente de aves de tamaño medio, que captura á espreita dende un pousadeiro ou perseguíndoas nun voo potente e áxil entre a vexetación. Habita nos bosques, xeralmente de coníferas, de Eurasia e Norteamérica. En Galicia é unha rapina común. Foi empregada como ave de cetrería.