Babeuf, François Noël

Babeuf, François Noël

ou Gracchus Babeuf (San Quintín, Picardía 1760 - Vendôme, Orleans 1797) Teórico e revolucionario. Fundou en París o diario Le Tribun du Peuple (A tribuna do pobo), portavoz do seu ideario comunista igualitario, desde onde combateu a Robespierre por conservador. Fundou o Club des Égaux (Club dos Iguais) pechado polo Directorio en 1795. Nos comezos de 1796 creou unha organización secreta para derrocar o Directorio, na que tamén participaron antigos xacobinos e tivo ramificacións na policía e no exército. A Conspiración dos Iguais foi denunciada en maio do mesmo ano a Carnot, feito que provocou a detención de Babeuf e outros conxurados. Os partidarios do babovismo intentaron unha nova sublevación das tropas, pero fracasaron. Babeuf foi executado en 1797.

Palabras veciñas

babesiose | Babette gaestebud | Babette gaestebud | Babeuf, François Noël | Babeuf, François Noël | babexado -da | babexado -da