babuíno

babuíno

(< fr babouin ‘tolo’ < itbabbuino)

Nome científico: [Papiosp, Fam dos cercopitécidos]
s m [ANIMAL]

Xénero de primates catarrinos cinocéfalos, de dimensións grandes, que teñen o morro longo e calvo; as mandíbulas son fortes e os cairos moi potentes. Teñen o rabo ben desenvolvido e as calosidades isquiáticas grandes, a miúdo de cores vivas. A peluxe é longa e abundante. Os babuínos viven en grupos numerosos constituídos por diversos haréns, cada un destes está formado por un macho adulto, 4 ou 5 femias e os fillos. Os babuínos son omnívoros: aliméntanse de froita, raíces, pequenos réptiles, insectos, etc; cerca das poboacións dedícanse a saquear os cultivos. Corren velozmente e deféndense ben dos ataques dos grandes félidos e do home. Son pouco arborícolas e viven entre rochas nas ladeiras das montañas. Son exclusivos de África. Os babuínos sagrados (P. hamadryas), procedentes de Abisinia, foron domesticados antigamente polos exipcios, que lles tiñan gran veneración e momificábanos.

Palabras veciñas

BABS | babucha | babucha | babuíno | babuíno | babuña | babuña