Antorcha Social, La

Antorcha Social, La

Centro cultural para a educación do proletariado, fundado na Coruña o 14 de xullo de 1936. No seu domicilio social da rúa dos Feáns impartíase unha formación obreira de claro carácter anarquista, fundamentada nas bases da educación libertaria promovida e organizada por Ferrer i Guardia.