Arxiz
Arxiz
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe orixinaria de Chouzán, partido de Chantada, desde onde pasou a La Rioja. As súas armas levan, en campo de goles, unha aguia de ouro coroada e, ao redor da cabeza, cinco estrelas do mesmo metal. Outras variantes gráficas deste apelido son Argiz e Arguiz.