Asociación Democrática de Mulleres Galegas

Asociación Democrática de Mulleres Galegas
Nome científico: [ADMG]

Organización feminista constituída en 1977 a partir da Federación de Organizacións Feministas (FOF) e formada por militantes e simpatizantes do Partido del Trabajo de España (PTE). Defendeu unha práctica máis ligada ás reformas sobre a situación existente ca a un cuestionamento de fondo da estrutura patriarcal da sociedade. Disolveuse en 1979.