Ateneo de Orense

Ateneo de Orense

Sociedade fundada no ano 1971 e presidida por Manuel Cabaleiro Goás. Entre as súas actividades destacou a organización de conferencias coa participación de González Seara, Aranguren, Camilo José Cela, Tierno Galván, Blanco Amor, Alonso Montero e Ramón Valenzuela. En 1974 organizouse unha homenaxe á figura de Castelao coa edición dun exemplar antolóxico da súa obra e unha exposición de pintura e escultura.