audiófono
audiófono
(
s
m
[MED]
Aparello empregado para reforzar os sons nas persoas que padecen xordeira por anomalías no aparello auditivo. Os máis comúns son amplificadores de transistores, de pequenas dimensións, funcionamento autónomo e con controlador de volume, que se levan adaptados á orella. Nos casos de xordeira avanzada empréganse audifonos que transmiten as vibracións sonoras do medio ao nervio auditivo a través dos ósos da cabeza.