baldrogas

baldrogas

(< orixe onomatopeica)

  1. s m

    Home de carácter pouco enérxico. SIN: chaíñas (col), pousafoles.

  2. s m

    Persoa sucia e de aspecto descoidado. SIN: badanas, baldreo, baldroeiro, bandalleiro, bandallo, desleixado, fargallón, pastrán, pingo, zalapastrán.

Frases feitas

  • Andar feito un baldrogas. Descoidar o aspecto físico.