Balneario de Guitiriz

Balneario de Guitiriz

Situado no concello de Guitiriz, as primeiras referencias datan de finais do s XVIII, cando o cirurxán do Hospital de Santiago de Compostela José Lázaro comezou recomendar as augas de Guitiriz con fins terapéuticos. No ano 1850 comezou ser gobernado por un director de baños. As augas foron declaradas de utilidade pública en 1902, ratificada posteriormente en 1928. En 1912 construíuse o actual hotel-balneario, que tras funcionar ininterrumpidamente ata 1960, pechou definitivamente en 1972. Co tempo iniciou un profundo proxecto de reforma.