2 balsa
(
-
s
f
Plataforma feita de táboas e pólas atadas con cordas que se utiliza para transportar mercancías ou persoas, xeralmente nos ríos e lagos.
Ex: Coa ponte nova xa non podemos navegar coa balsa por causa de que non pasa por debaixo.
Confrontacións: catamarán, xangada. -
s
f
[PLANTA]
Árbore duns 20 m de altura, de follas palmeadas e flores brancas e pilosas, que vive nas selvas chuviosas de América, dende o sur de México ata o norte de Perú. Aínda que existen plantacións (Costa Rica), a maior parte da madeira procede de árbores salvaxes.
-
s
f
[BOT/IND]
Madeira da árbore do mesmo nome, branca, moi lixeira (peso específico 0,21-0,25) a causa do aire que enche os seus abundantes poros, e notablemente resistente. Pola súa flotabilidade foi empregada dende a Antigüidade na construción de embarcacións, boias, salvavidas, etc. Tamén se utiliza en maquetería e aeromodelismo.